Hemeroteca

Asset Publisher

Back O Concello volve demandar á Xunta que actúe ante a constante presenza de xabaríns en zonas urba

Oleiros, 7 de setembro de 2018-. O Concello de Oleiros está a sufrir importantes danos debido aos estragos provocados polos porcos bravos en parques e zonas verdes. Ante esta situación e a pasividade da Xunta de Galicia, o Concello ten previsto pasarlle os gastos á administración autonómica.

A Consellería de Medio Ambiente, que ía instalar trampas para capturar xabaríns naquelas zonas de paso dos animais, segue sen asumir as súas responsabilidades. “Hai uns danos tremendos e a Xunta está aí parada sen facer nada. Teñen que actuar, non pode haber tanto animal solto, hai que autorizar batidas”, dixo o alcalde Ángel García Seoane.

Este problema afecta tanto a propiedades privadas como aos parques e ás zonas verdes públicas. Ademais, os porcos bravos están a provocar moitos accidentes de tráfico, especialmente na vía Ártabra.

back link