Hemeroteca

Asset Publisher

Back O Concello vai sacar á venda outras 4 parcelas para a construción de pisos de protección en Per

 Oleiros, 24 de febreiro de 2020-. Ademais das 4 parcelas para a construción de pisos de prezo taxado en Oleiros, Xaz e Mera, o Concello de Oleiros sacará proximamente á venda outras 4 parcelas de propiedade municipal, adquiridas gratuitamente a través da xestión do solo das novas urbanizacións, para a construción de vivendas de protección. Estes pisos estarán situados en Xaz, no centro de Mera e en Perillo, na nova urbanización do Paraíso e en Corredoira das Viñas. 

 
A oferta deste solo está dirixido a promotores. O prazo de licitación será de 15 días, desde o momento da publicación da oferta de solo na Plataforma de Contratación do Estado. Para realizar consultas sobre este proceso, as persoas interesadas deberán dirixirse á Secretaría Xeral do Concello.
 
SOLO PARA VIVENDAS UNIFAMILIARES
 
O Concello tamén dispón de solo á venda para a construción de vivendas unifamiliares en Xaz, en Canide, en Oleiros e en Iñás. Aquelas persoas interesadas en adquirir algunha destas parcelas deben dirixirse á Secretaría Xeral do Concello.
back link