Hemeroteca

Asset Publisher

Back O Concello ultima a adquisición dun local para actividades sociais e deportivas en Mera

Oleiros, 16 de marzo de 2017-. O Concello de Oleiros ultima a adquisición dun local de 220 metros cadrados na praza da Lagoa para que poida ser utilizado por parte das entidades da localidade de Mera. O alcalde de Oleiros, Ángel García Seoane, confirmou a existencia dun acordo coa entidade propietaria do local.

García Seoane tamén manifestou que a Xunta de Galicia “debe contribuír” economicamente a esta adquisición xa que ao non permitir usar a Casa do Mar aos veciños de Mera provocou unha situación que deixou á Asociación de Veciños de Maianca sen local no que realizar as súas actividades. “A Xunta de Galicia está infrautilizando un edifico que é do pobo de Mera, construído no seu día pola Confraría, e por tanto para dar servizo aos veciños. A día de hoxe non se lle deixa usar nin ás entidades nin ao Concello de Oleiros” dixo o alcalde.
 

back link