Hemeroteca

Asset Publisher

Back O Concello tramita a contratacíion dos servizos de axuda no fogare comedor e comedor sobre roda

 

Oleiros, 2 de novembro de 2010-. A comisión de Goberno do Concello de Oleiros está a tramitar a contratación dos servizos de Axuda no Fogar e de Comedor sobre Rodas. O investimento deste importante servizo é de 559.000 euros por ano. A duración do contrato será de dous anos cunha opción a prórroga. Estes dous programas do Servizo de Benestar Social do Concello de Oleiros están encamiñados a garantir a calidade de vida das persoas maiores do municipio que necesiten axuda para o desenvolvemento da súa vida e nel préstanse todos os servizos necesarios para o desenvolvemento da vida cotiá. O Goberno local de Oleiros leva máis de 20 anos poñendo en práctica políticas sociais onde os colectivos de especial sensibilidade, como o dos maiores, son a prioridade. Foi un dos pioneiros en Galicia en poñer en marcha este tipo de programas. A adxudicación realizarase nos próximos días.

back link