Hemeroteca

Asset Publisher

Back O Concello ten apagado o alumeado público dos paseos marítimos

Oleiros, 15 de abril de 2020-. Ante a imposibilidade de utilizar os paseos marítimos, o Concello ten apagadas as luces nos paseos de Perillo, Santa Cristina, Liáns e Mera. Está é unha medida excepcional, para reducir o consumo enerxético durante o confinamento.

 
“Non ten sentido ningún ter toda a costa iluminada. Na situación actual de confinamento non está permitido pasear, e menos polas noites”, dixo o alcalde Ángel García Seoane. Unha vez se levante o Estado de Alarma volverase activar todos os alumeados que se atopan apagados.
back link