Oleiros, 4 de maio de 2017-. O Concello de Oleiros solicita a colaboración veciñal para rematar cos roubos que se veñen producindo en diferentes lugares do municipio e que afectan a rexistros de recollida de augas pluviais, tapas de sumidoiros, placas de bronce dos parques, etc... O teléfono da Policía Local, ao que se debe acudir en caso de detectar calquera movemento estraño, funciona as 24 horas e é o 981610001.
“Rogo a todos/as os/as veciños/as que nos avisen en caso de que vexan algo raro ou escoiten ruídos estraños pola noite. Para acabar con estes roubos é imprescindible chamar á Policía Local para que poidan coller aos delincuentes”, dixo o alcalde Ángel García Seoane.