Oleiros, 24 de xaneiro de 2020-. O alcalde de Oleiros, Ángel García Seoane, mantivo esta mañá unha reunión coa conselleira de Infraestruturas, Ethel Vázquez, para solicitarlle a continuación do carril bici desde o pazo de Arillo ata Lourido. Dado que o Concello de Oleiros xa realizou a construción de todas as beirarrúas entre Mera e Santa Cruz, demanda a colaboración da Xunta para esta actuación por tratarse dunha estrada de titularidade autonómica.