Oleiros, 10 de febreiro de 2022-. O Concello de Oleiros vai sancionar á persoa responsable de realizar unha poda salvaxe sobre dúas árbores na rúa do Souto. Un par de días despois de que finalizase a poda municipal de todas as árbores desta rúa, que se atopa en obras, dúas delas quedaron sen polas ante unha actuación particular sen ningún tipo de criterio.
“As árbores das rúas son públicas e están colocadas para humanizar e embelecer os espazos públicos. Ningunha persoa a título particular pode actuar sobre elas”, comentou o alcalde Ángel García Seoane.