Hemeroteca

Asset Publisher

Back O Concello saca a contratación por 939.000 euros a primeira fase do novo campo municipal de fút

 Oleiros, 26 de novembro de 2019-. A construción do campo de fútbol municipal de Mera saíu a licitación por importe de 939.011,50 euros. A mesa de contratación para a adxudicación da obra será o martes 17 de decembro.

 
A primeira fase desta nova instalación municipal, que estará situada na rúa Fonte Cuba, incluirá o peche total do recinto, a instalación do terreo de xogo de céspede artificial, o rego e a iluminación. O Goberno municipal ten previsto incluír nos orzamentos de 2020 a segunda fase, para crear vestiarios, gradas e accesos.
back link