Hemeroteca

Asset Publisher

Back O Concello saca a concurso a tala de eucaliptos para repoboar os bosques municipais con especie

Oleiros, 27 de abril de 2020-. O Concello de Oleiros vai sacar a concurso público por 87.218 euros a talla de 4.165 metros cúbicos de eucaliptos e de 621 metros cúbicos de piñeiros. Os recursos empregaranse para a repoboación dos bosques de titularidade pública con especies autóctonas.

 
“A través da nosa xestión urbanística fomos adquirindo para o Concello importantes zonas de bosque. Nalgúns casos hai un exceso de eucaliptos e imos cortalos para plantar outro tipo de árbores”, dixo o alcalde Ángel García Seoane.
 
O Concello vai publicar este contrato nos próximos días. Aquelas empresas madeiristas que desexen presentarse poderán facelo telematicamente.
back link