Hemeroteca

Asset Publisher

Back O Concello súmase á celebración do Día de Rosalía

 Oleiros, 24 de febreiro de 2021-. Hoxe, 24 de febreiro, conmemórase o Día de Rosalía de Castro. O Concello de Oleiros súmase á celebración desta xornada na que se pon en valor a importancia que tivo Rosalía na cultura, na lingua, no pensamento e no feminismo galego.

 
Recuperamos da súa obra uns versos que nos convidan a non perder xamais a esperanza, algo que é importante lembrar nos tempos difíciles estamos a vivir.
 
 
 
Non digás nunca, os mozos, que perdeches

a risoña esperanza.

Do que a vivir comesa

sempre é amiga:

só enemiga morta de quen acaba...!
 
Rosalía de Castro, Follas novas (1880)
back link