Aquelas persoas interesadas en participar, poderán preinscribirse desde o mércores 10 de maio na web municipal. Unha vez realizadas as solicitudes, as persoas preinscritas serán citadas para unha entrevista personalizada para adaptar o programa ás necesidades e aos intereses dos veciños e veciñas de Oleiros.
O lecer é un dereito de todas as persoas, unha experiencia integral que contribúe á calidade de vida e que se debe ofrecer a todas as persoas sen discriminación. Tamén é unha área fundamental na calidade de vida tanto a nivel comunitario como persoal, xa que está ligado á satisfacción e ás emocións. A esencia do ocio é a liberdade: liberdade de escoller entre unha variedade de opcións e experiencias.
Para obter máis información sobre este programa, é posible dirixirse ao departamento de Servizos Sociais e Igualdade presencialmente ou chamar ao 981 610 000.