Hemeroteca

Asset Publisher

Back O Concello reitera a urxencia das obras do comedor do colexio de Santa Cruz

Continúa sen tratarse por parte da Xunta de Galicia as obras de reforma do comedor do Colexio Isidro Parga Pondal de Santa Cruz. Despois de numerosas demandas por parte do Concello e da ANPA, a Xunta comprometérase a reformar o comedor durante o pasado verán pero ata o momento non o fixo.  

O espazo no que comen os nenos e nenas atópase nun estado totalmente impresentable. O comedor atópase fortemente degradado con paredes totalmente desfeitas, humidades, filtracións de auga... que requiren dunha actuación de urxencia por parte da Xunta de Galicia. 

Por parte do Concello, o alcalde dirixiuse por escrito ao conselleiro de Educación para informalo da situación e reclamar a inmediata realización das obras de comedor. Non se pode tolerar que nun centro de ensino público haxa espazos tan abandonados.

O Concello de Oleiros, para garantir o benestar dos nenos e nenas, executa continuamente distintas obras a petición das direccións ou das ANPA. No caso concreto deste centro, o Concello realizou este curso as obras de renovación do solo das aulas de infantil. Era a Xunta quen debía realizar esa obra, pero o Goberno municipal entendeu que os nenos e nenas merecían ter unha aula en mellores condicións. Igualmente, foi renovada a pista polideportiva por parte do Concello, así como outras melloras nas zonas verdes.
 

back link