“A Xunta non pode esperar máis tempo. Urxe a axilización da tramitación dos expedientes para poder contratar a realización das obras para conectar a Ártabra coa AP-9 na Gándara”, comentou o alcalde Ángel García Seoane.
Na recente enquisa municipal, esta obra foi a que máis apoio obtivo entre a cidadanía. Un 94% dos 3.000 veciños e veciñas participantes consideraron urxente e prioritario que se realice esta conexión viaria.
A finalización da vía Ártabra faría posible desatascar a ponte da Pasaxe e a Costa da Tapia, ademais de ofrecer maiores posibilidades de mobilidade entre importantes polígonos comerciais e residenciais da área metropolitana.