Oleiros, 18 de marzo de 2022-. O Concello de Oleiros recibiu unha subvención da Deputación da Coruña de 51.063,50 euros, correspondente ao programa PEL-Concellos. Os fondos destinaranse a contratar a 5 veciños e veciñas desempregadas durante 5 meses.
As persoas interesadas que deben dirixirse ao Centro Municipal de Formación Isaac Díaz Pardo, sito na rúa dos Regos, 24. Tamén poden chamar ao teléfono 981610319.
As contratacións realizaranse no mes de abril. As labores a realizar son as de peón de obras públicas consistentes na realización de tarefas de limpeza viaria e apoio aos traballos do departamento de servicios municipais, fundamentalmente de xardinería e obras.