Hemeroteca

Asset Publisher

Back O Concello recepcionará novas rúas e un parque na urbanización Obelisco

Oleiros,  10 de maio de 2012-. O alcalde de Oleiros, Ángel García Seoane, sinalou esta mañá que nos próximos días o Concello recepcionará varias rúas de nova construción na urbanización Obelisco, na localidade de Santa María de Oleiros. Esta urbanización, cuxa primeira fase se desenvolveu nos anos noventa, comezouse a construír hai catro anos por iniciativa municipal, pero sufriu varios retrasos segundo sinalou o rexedor.

Deste modo nos próximos días abriranse dúas novas rúas ao tráfico. Unha paralela á rúa Obelisco, chamarase Francisco Llorens e unirá a cruz de Oleiros coa avenida Venezuela, a outra chamarase rúa do Lío e estará comunicada coa rúa Corralón. Pola súa parte esta última pasará a ser dun só sentido. Coa recepción das novas rúas producirase tamén a entrega dun novo parque público. Coa entrada en funcionamento desta nova zona verde a localidade contará con catro parques.
 

back link