Hemeroteca

Asset Publisher

Back O Concello promocionará o mercado municipal cunha gran festa no recinto o sábado 28

Oleiros, 06 de maio de 2016-. O mercado municipal de Perillo sumarase á campaña internacional de promoción dos mercados que se celebrará ao longo da segunda quincena do mes de maio en todo o mundo. O recinto oleirense acollerá o sábado 28 unha gran festa co obxectivo de visualizar a calidade dos produtos e a atención que os praceiros e praceiras de Perillo ofrecen aos seus clientes e clientas.

Durante a mañá dese último sábado do mes de maio, o mercado municipal será o escenario de diversas actuacións coas que se pretende amenizar esa xornada festiva. Entre outras actividades, a compañía de teatro Crémilo interpretará a comedia gastronómica Don Quixote, a Escola Municipal de Danza realizará un flashmob e tamén haberá actuacións musicais. Ademais, coas compras que se realicen na praza ata ese día, entregaranse unhas rifas para participar nun sorteo de vales de desconto.

O mercado municipal de Perillo, ubicado na rúa Golpa, ofrece todo tipo de produtos e servizos: carnes, froitas, verduras, peixes e mariscos, lácteos, pans, arranxos de calzado, flores, agasallos, prensa, cafetería,….
 

back link