Hemeroteca

Asset Publisher

Back O Concello programa numerosas actividades culturais para todas as idades

O vindeiro mércores 20 de setembro abre o prazo de inscrición dun sen fin de obradoiros de artes plásticas, teatro, olería, pintura, cómic, gravado e grafiti. Haberá grupos para idade infantil, xuvenil e adulta e as persoas interesadas en apuntarse poderán facelo a través da sede electrónica municipal ou de forma presencial na Fábrica de luns a venres de 10 a 14 horas.

ACTIVIDADES INFANTÍS 

- Obradoiros artes plásticas (2012-2017) 
Martes 16.30 a 18.00 e 18.00 a 19.30 horas, de outubro a xuño. 
Escola o Castaño, Perillo. 
Prezo público 21 euros/mes 
Inicio 3 outubro 

- Obradoiro teatro infantil (2012-2017) 
Sábados 10.30 a 12.00 horas, de outubro a xuño. 
CEMAE, Perillo. 
Prezo público 13 euros/mes 
Inicio 7 outubro 

- Obradoiro olería infantil (2012-2017) 
Sábados 12.00 a 13.30 horas, de outubro a xuño. 
Alfar As Torres, Santa Cruz. 
Prezo público 13 euros/mes 
Inicio 7 outubro 

- Obradoiro de pintura infantil (2012-2017) 
Mércores 16.30 a 18.00 horas, de outubro a xuño. 
Escola o Castaño, Perillo. Prezo público 23 euros/mes 
Inicio 4 outubro 

- Obradoiro artísticos trimestrais infantís (cómic, gravado e grafiti) (2012-2017) 
Venres 16.30 a 18.00 horas, de outubro a xuño 
Escola o Castaño, Perillo. 
Prezo público 23 euros/mes 
Inicio 6 outubro

ACTIVIDADES XUVENÍS 

- Obradoiro teatro xuvenil (2006-2011) 
Sábados 12.00 a 13.30 horas, de outubro a xuño. 
CEMAE, Perillo. 
Prezo público 13 euros/mes 
Inicio 7 outubro 

- Obradoiro olería xuvenil (2006-2011) 
Sábados 10.30 a 12.00 horas, de outubro a xuño. 
Alfar As Torres, Santa Cruz. 
Prezo público 13 euros/mes 
Inicio 7 outubro

- Obradoiro de pintura xuvenil (2006-2011) 
Mércores 18.00 a 19.30 horas, de outubro a xuño. 
Escola o Castaño, Perillo. 
Prezo público 23 euros/mes 
Inicio 4 outubro 

- Obradoiro artísticos trimestrais xuvenís (cómic, gravado e grafiti) (2006-2011) 
Venres 18.00 a 19.30 horas, de outubro a xuño. 
Escola o Castaño, Perillo. 
Prezo público 23 euros/mes 
Inicio 6 outubro

ACTIVIDADES PARA PERSOAS ADULTAS

- Obradoiro teatro 
Luns e xoves de 18.00 a 20.00 horas, de outubro a xuño. 
CEMAE, Perillo. 
Prezo público 17 euros/mes 
Inicio 2 de outubro 

- Obradoiros de olería 
Luns e martes de 17.00 a 19.00 e de 19.00 a 21.00 horas, de outubro a xuño. 
Alfar As Torres, santa Cruz. 
Prezo público 38 euros/mes 
Inicio 2 de outubro 

- Obradoiros de pintura 
Martes de 10.00 a 12.00 ou de 19.30 a 21.30 horas e mércores de 11.00 a 13.00 horas, de outubro a xuño. 
Escola o Castaño, Perillo. 
Prezo público 31 euros/mes 
Inicio 3 outubro

 

MÁIS INFORMACIÓN
 

back link