Hemeroteca

Asset Publisher

Back O Concello procederá á limpeza de 8 parcelas particulares ante o alto risco de incendio tras a

 

Oleiros, 8 de setembro de 2014-. Os xulgados da Coruña veñen de autorizar ao Concello de Oleiros a entrar en oito parcelas construídas da zona de Cabreira para realizar traballos de limpeza debido ao alto risco de incendio.
 
Ante o alto risco de incendio que existe en oito parcelas construídas no lugar de Cabreira, aínda sen ocupar, atopándose as súas fachadas cheas de maleza: toxos, silvas, “plumachos”, coa conseguinte degradación do contorno urbano, o Concello, tras requirir aos seus propietarios en varias ocasións a limpeza das fincas e obtendo caso omiso destes, solicitou permiso xudicial para acceder ás propiedades. Estudada a petición municipal, déuselle autorización ao Concello para entrar nas parcelas e proceder á realización das tarefas de saneamento.
 
Desde o ente municipal contratarase unha empresa para realizar os traballos, a cal terá que proceder á apertura dos peches coa presenza dun cerralleiro.
 
O xulgado dá un prazo determinado para levar adiante a roza e adecentamento das fincas, tras o cal se revisarán as dilixencias efectuadas.
 
back link