Hemeroteca

Asset Publisher

Back O Concello prevé aforrar máis dun 30% no consumo eléctrico ao longo dos próximos anos

Oleiros, 10 de outubro de 2011-. O Goberno local do Concello de Oleiros prevé aforrar máis dun 30% do consumo eléctrico ao longo dos próximos anos, segundo asegurou esta mañá a concelleira de Economía Facenda e primeira tenente de alcalde, María José Varela. Para chegar a este obxectivo, que podería ser unha realidade nun prazo de 2 anos, o Goberno conta cunha folla de ruta que inclúe varias liñas de traballo. Por un lado, se está a implementar as medidas propostas pola auditoría enerxética, se está a procura de lograr un abaratamento da tarefa coa entrada no mercado libre xunto co resto de municipios do Consorcio das Mariñas e se está a dotar os equipamentos municipais con sistemas de  enerxía solar térmica.

Tras a auditoría enerxética realizada polo Concello nos pasados meses, o Goberno local acaba de contratar un técnico especializado  para implementar as medidas de aforro as que se chegou neste pormenorizado estudo. A posta en marcha destas medidas, entre as que se econtran a introdución da tecnoloxía led, a instalación de redutores de fluxo e o osuo de reloxos astronómicos,  permitirá un aforro de máis de 300.000 euros o ano.  Ademais, o Concello está a manter reunión co resto de municipios do consorcio para sacar a contratación  de forma conxunta o servizo de abastecemento do fluído eléctrico. Esta medida, que significaría a entrada no mercado libre, permitirá un aforro do 10% ou 12%, segundo sinalan os técnicos.

Outra medida que permitirá incrementar sensiblemente o aforro enerxético é a instalación de sistemas de enerxía solar térmica nos equipamentos municipais. Como exemplo desta medida eficiencia enerxética está o novo pavillón da Rabadeira, que a través da instalación deste paneis conseguiu aforrar o 100% do gasto no sistema e auga quente. Outros edificios municipais que dispoñen deste tipo de sistemas son o complexo deportivo de Dorneda ou a nova sede da escola municipal de danza. Así mesmo, o centro de formación Isaac Díaz Pardo tamén conta cun sistema de enerxía solar térmica. Ademais neste centro se está a impartir un curso para formar traballadores especializados en la instalación destes sistemas.
 

back link