Hemeroteca

Asset Publisher

Back O Concello presenta a obra teatral «Caleidoscopio»

 

Oleiros, 2 de novembro de 2010.- O auditorio Gabriel García Márquez acollerá o venres 12 de novembro a representación da obra Caleidoscopio a partir das 21:00 horas, coa que a compañía de Teatro El Ruiseñor, porá o peche ao Ciclo de Teatro Xuvenil que organizou o Centro de Información Xuvenil.

Caleidoscopio, unha obra escrita e dirixida por Susana Crespo, nun mundo futurista existe un neno diferente aos demais, infeliz co mundo que o rodea, polo que crea o seu propio mundo imaxinario alimentado polos cómics e contos de antano. Nun primeiro momento o protagonista imaxina o mundo en cor e tras o asasinato do seu pai, a súa mente converterá os asasinos en seres infernais encabezados polo mesmísimo diabro. Todos estes sucesos darán comezo a unha loita interior do home contra os seus propios demos, onde a realidade supera a ficción. As entradas póñense á venda ás 20:00 horas e terán un custo de 2,50 euros.

back link