Hemeroteca

Asset Publisher

Back O Concello porá leña a disposición dos veciños e veciñas en San Xoán para evitar a contaminació

Oleiros, 8 de xuño de 2018-. O Concello porá 100 metros cúbicos de madeira a disposición dos veciños e veciñas que queiran facer as súas fogueiras de San Xoán nas praias para evitar a contaminación da area con puntas, resortes e outros obxectos que poden ocasionar tanto contaminación medioambiental como danos físicos ás persoas usuarias dos areais. A leña repartirase principalmente na praia de Bastiagueiro, aínda que tamén estará dispoñible en menor cantidade en Mera e Santa Cristina.

Para evitar a queima de palés, sofás e calquera tipo de cousa que poida conter cravos, realizarase un importante despregamento de Policía Local e Protección Civil nas entradas das praias para persuadir a aquelas persoas que teñan intención de queimar ese tipo de elementos. Tamén estará prohibida a introdución de botellas de cristal ou calquera elemento que conteña vidro.

O Concello de Oleiros tamén lembra a importancia de actuar con precaución e responsabilidade para non ter que lamentar incidentes. Como todos os anos, é obrigatorio solicitar a correspondente autorización no Concello de Oleiros para realizar unha larada, sexa esta na praia e ou en calquera outro lugar. As normas e a solicitude pode descargarse na web municipal e deberá ser entregada cuberta e asinada no Rexistro.

SOLICITUDE E NORMAS BÁSICAS

back link