Oleiros, 23 de novembro de 2010-. Ao longo da próxima semana, o Concello de Oleiros pon en marcha o programa de actividades extraescolares municipais para nenos e nenas de educación infantil. Estas actividades educativas levaranse a cabo en horario de tarde na Escola Infantil de Nós. O programa conta con tres grupos de actividades múltiples chamadas Diverxogos, Diverarte e Divernatura. Todas as sesións serán conducidas por educadores especializados.
As características do programa son:
- Datas: As actividades rematarán o 16 de xuño. As sesións terán lugar segundo o calendario escolar oficial, respectando as vacacións de Semana Santa, Entroido e festividades escolares. O cadro de horarios pode sufrir algunha variación, no caso de non alcanzar un número mínimo de participantes, que se comunicaría no prazo máis breve posible (ver cadro de horarios). As datas de inicio serán:
- Diverxogos: 29 de noviembre
- Diverarte: 30 de noviembre
- Divernatura: 2 de diciembre
- Participación: Para participar nestas actividades, cómpre cubrir a ficha de inscrición de actividades culturais, indicando as actividades nas que se quere inscribir os escolares. É moi importante que se entreguen o antes posible nos centros de ensino. Para aqueles nenos e nenas que non estuden en colexios públicos de Oleiros deberán ser entregadas nas oficinas do Servizo Municipal de Educación.
- Custo orientativo:
- En concepto de trimestres :
- 1 actividade: 12 €/ trimestre
- 2 actividades: 23 €/trimestre
- 3 actividades: 35 €/trimestre
- Os participantes pertencentes a unidades familiares que non acaden o salario mínimo interprofesional, terán unha bonificación do 95 co informe previo da área de Servizos Sociais do Concello.
- Os membros de familias numerosas de carácter especial, terán unha bonificación do 10 e os de carácter xeral do 5sobre a cota, sen prexuízo de aplicación sobre outras bonificacións.
- As bonificacións aplicadas nos prezos públicos deberán ser solicitadas polas persoas participantes, e debidamente acreditadas a través da presentación da copia do título de familia numerosa en vigor, xunto coa ficha de inscrición.
- En concepto de trimestres :
- Pagamento: Para realizar o aboamento das actividades, o persoal municipal fará entrega dun impreso de ingreso de prezo público (Modelo 023), na primeira semana de actividade en xaneiro, onde constarán as cantidades que se deberán ingresar nas caixas ou bancos que se indican no dito impreso. Unha vez feito o pagamento, entregarase aos monitores e ás monitoras a copia amarela (exemplar para o monitor ou responsable municipal). Para o cobro do segundo trimestre, entregarase ás familias un novo impreso para o ingreso da derradeira cantidade.
Para máis información as persoas interesadas poden contactar co Servizo Municipal de Educación, a través do teleféfono 981 610 000 nas extensións 3139 ou 3136, ou en ensino@oleiros.org.