Hemeroteca

Asset Publisher

Back O Concello pon en marcha as Tertulias literarias e os Obradoiros de lectura nas bibliotecas mun

Oleiros, 28 de setembro de 2011-.  O Concello de Oleiros, a través da rede de bibliotecas municipais, pon en marcha a tempada de Tertulias Literarias e os Talleres de Lectura. Estas actividades, destinadas á mocidade e ás persoas adultas, levaranse a cabo de forma regular na Biblioteca Central Rialeda de Perillo e na Biblioteca Municipal Rosalía de Castro de Santa Cruz. Durante as sesións realizaranse comentarios de obras de distintos xéneros literarios, principalmente narrativa contemporánea, pero tamén se lerá poesía, teatro e ensaio, nun ambiente distendido procurando os lados formativos e lúdicos da lectura.

O principal obxectivo é animar a ler a través da propia lectura, gozar da literatura como un desenvolvemento da capacidade de creación e comunicación, de maneira que compartindo ideas, reflexionando sobre temas diversos poidamos enriquecernos cos diferentes puntos de vista. Preténdese ir descubrindo a maneira de escribir de cada autor ou autora, os distintos estilos, o tipo de linguaxe que utiliza e analizar os textos escritos, os procedementos e características máis importantes de cada obra.

Na Biblioteca Central Rialeda, en Perillo, levaranse a cabo quincenalmente, os mércores, ás 17.30 horas, con dous grupos de 20 persoas cada un deles. Nesta biblioteca comezarán hoxe 28 de setembro o grupo B e o 5 de outubro o grupo A. Na Biblioteca Municipal Rosalía de Castro de Santa Cruz serán quincenalmente, os luns, ás 18.30 e comezarán o  próximo18 de outubro.

Ao longo das sesións iranse prestando diferentes libros de autoras e autores da literatura galega, española e internacional a cada participante, por este motivo é totalmente imprescindible que as persoas interesadas en participar se inscriban nalgunha das dúas bibliotecas, para poder ter dispoñibles os exemplares necesarios de cada título.

Algunha das lecturas programadas son:

  1. La cena de Herman Koch
  2. Tierra desacostumbrada de Jhumpa Lahiri
  3. Non hai noite tan longa de Agustín Fernández Paz
  4. El pájaro espectador de Wallace Stegner
  5. La Regenta de Leopoldo Alas “Clarín”
  6. Entre la bruma de Simonetta Agnello Hornby
  7. Retahilas de Carmen Martín Gaite
  8. El día antes de la felicidad de Erri de Luca
  9. Tertulia de Xavier Alcalá
  10. Cien años de soledad de Gabriel García Márquez
  11. La ladrona de libros de Marcus Zusak
back link