Hemeroteca

Asset Publisher

Back O Concello participa nun proxecto piloto de contedores intelixentes

 Oleiros, 9 de febreiro de 2022-. O Concello de Oleiros está a participar nunha experiencia piloto con contedores de lixo intelixentes. Trátase dunha proba inicial para avaliar a súa posible implantación futura en todo o municipio para mellorar o tratamento de residuos.

 
Foron colocados 8 novos contedores nas zonas de máis poboación do municipio para o depósito de residuos orgánicos. As veciñas e veciños próximos a estes contedores recibiron nos seus domicilios a tarxeta necesaria para a súa utilización, así como todas as instrucións de uso. As rúas nas que se instalaron son Ricardo Cubeiro, Eduardo Blanco Amor, Ribeira, Perseo, Afrodita, Rosalía de Castro, Ernesto Che Guevara e Darwin.
back link