Hemeroteca

Asset Publisher

Back O Concello participa nun proxecto para avaliar a actividade física e o sedentarismo dos adolesc

 Oleiros, 9 de decembro de 2021-. O Concello de Oleiros está a colaborar nun proxecto da Facultade de Ciencias da Actividade Física e do Deporte para  avaliar o nivel de actividade física e os estilos de vida dos nenos/as e adolescentes do municipio. O estudo consiste na elaboración de varios cuestionarios específicos, que realizarán as familias e os rapaces e rapazas, dos que se extraerán conclusións de base científica para poder diagnosticar o estado actual da poboación escolar e poder determinar posteriores estratexias de programación deportiva.

 
Trátase da primeira vez que se fai este estudo en Oleiros. As persoas destinatarias serán 3.000 escolares de 6º de primaria,  2º de ESO, 4º de ESO  e 2º de bacharelato dos centros de ensino público.
back link