O percorrido terá a súa saída e chegada fronte á Casa do Pobo de Iñás. Comezará ás 12h e deberá completarse nun tempo máximo de 1 hora e 30 minutos. A proba estará aberta ás persoas maiores de 13 anos, sen ser necesario estar federado.
As inscricións abriranse nos próximos días e a cota para a participación será de carácter simbólico, cun importe de 5 euros por participante.
Con esta primeira edición, o Concello de Oleiros incorpora unha nova proba ao calendario deportivo municipal, que permitirá combinar a práctica deportiva co percorrido por un dos grandes espazos naturais de Oleiros, o paseo fluvial de Iñás e Nós.
Hemeroteca
Asset Publisher
O vindeiro domingo 18 de outubro celébrase a primeira edición da Carreira Concello de Oleiros, unha proba deportiva de aproximadamente 8,5 quilómetros que percorrerá vías urbanas, camiños e sendeiros das parroquias de Iñás e Nós.