Hemeroteca

Asset Publisher

Back O Concello organizará unha cabalgata de reis e instalará tío vivos e unha pista de xeo

 Oleiros, 28 de outubro de 2021-. O 5 de xaneiro os Reis Magos percorrerán as principais rúas de todas as parroquias para saudar aos nenos e nenas de Oleiros. Igual que o ano pasado, os Reis Magos desprazaranse nun autobús descapotable, decorado especialmente para a ocasión. Con antelación ao 5 de xaneiro, o Concello informará a través de todos os medios de comunicación municipais da ruta e dos horarios previstos. 

 
Ademais, entre os días 22 de decembro e 7 de xaneiro haberá dúas zonas de divertimento infantís no municipio. En Perillo, na polideportiva da avenida da II República, instalarase unha pista de xeo e 2 tío vivos. En Santa Cruz, na praza de Esther Pita, tamén se instalarán 3 tío vivos.
 
“Como non é posible instalalos en todas as parroquias, decidimos montalos nas zonas de máis poboación e que están mellor comunicadas para que os pais e as nais teñan posibilidade de achegalos facilmente. Van ter un prezo de 1 euro cada viaxe e a pista de xeo custará 5 euros por media hora”, comentou o alcalde.
 
En relación á cabalgata, Ángel García Seoane dixo que “volveremos facela percorrendo todo o municipio, como o ano pasado pero intentando mellorala. Xa lles dixemos ás asociacións de veciños que se poderán sumar para aproveitar o paso da cabalgata e, se o estiman oportuno, facer algunha actividade a maiores”, dixo.
back link