Hemeroteca

Asset Publisher

Back O Concello organizará campamentos de verán, se as autoridades sanitarias o permiten

Oleiros, 22 de maio de 2020-. O Concello de Oleiros ten intención de organizar campamentos de verán xuvenís e infantís. Polo momento estase á espera das ordes ditaminadas por parte das autoridades sanitarias para poder seguir avanzando na súa planificación.

 
“Pensamos que, seguramente, teñamos que facer grupos máis reducidos e que os rapaces e rapazas teñan que estar máis repartidos. Utilizariamos fincas e casas municipais que temos por todo o municipio, pero estamos agardando a que se diten unhas normas por parte do Goberno central e da Xunta”, explicou o alcalde Ángel García Seoane.
back link