Hemeroteca

Asset Publisher

Back O Concello organiza unhas xornadas para profundar na igualade e na loita contra a violencia de

Oleiros, 31 de maio de 2019-. O Concello de Oleiros está a organizar unhas xornadas para analizar a igualdade e a violencia de xénero desde distintos ámbitos. Trátase duns encontros interdepartamentais nos que participan profesionais de distintas institucións.

Persoal dos Servizos Sociais de Oleiros, Cultura e Normalización Lingüística, Ensino e Xuventude, do Centro Municipal de Formación, Policía Local, Protección Civil, Garda Civil, Oficina de Atención ás Vítimas dos Xulgados da Coruña, Subdelegación do Goberno, teleasistencia para vítimas de violencia de xénero de Cruz Vermella, asesoría xurídica do Plan Coordinador dos Servizos Sociais do Consorcio As Mariñas, profesionais dos centros de ensino e dos centros de saúde de Oleiros, INEF… xuntáronse no Centro de Formación Municipal para  analizar conxuntamente  a situación actual en Oleiros. O vindeiro 12 de xuño vai celebrarse unha segunda xornada para elaborar propostas, liñas de traballo e de coordinación para o futuro, proxectos en común… para contribuír a mellorar as actuacións.

Este tipo de encontros enmárcanse dentro do apoio ás entidades locais que ofrece, co seu financiamento, o Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero a través da Subdelegación do Goberno. A análise do traballo feito ata o de agora e as propostas que xurdan, así como a avaliación que se está a facer do Plan de Igualdade actual, permitirán iniciar antes de que remate o ano a elaboración do II Plan de Igualdade de Oportunidades entre Homes e Mulleres do Concello de Oleiros.

back link