Hemeroteca

Asset Publisher

Back O Concello organiza unha xornada aberta para a elaboración do Primeiro Plan de Igualdade de Opo

Oleiros, 11 de outubro de 2011-. O Concello de Oleiros, a través da Concellería de Benestar Social, Sanidade e Consumo organiza unha xornada de portas abertas na que invita a toda a cidadanía e ao tecido asociativo a participar na elaboración do Plan Municipal de Igualdade. A xuntanza terá lugar o próximo venres 14 ás 19 horas no salón de plenos da Casa Charry.

No acto participará o Concelleiro de Servizos Sociais, Sanidade e Consumo, Ignacio Crespo, o persoal técnico da empresa DELOGA, entidade especialista en proxectos con perspectiva de xénero contratada polo Concello de Oleiros para a redacción do Plan, e todas as persoas e entidades que o desexen. Durante a sesión poderanse presentar todas aquelas propostas e suxestións que os participantes consideren oportunas. O obxectivo é enriquecer o documento final e definir as liñas estratéxicas que guiarán a política de igualdade de xénero no Concello de Oleiros.

A xornada de debate e reflexión enmárcase dentro dun amplo proceso participativo xa  iniciado no mes de setembro para a elaboración do Plan Municipal de Igualdade (PIOMH). Esta iniciativa ten como misión o deseño dunha política de xénero municipal que procure estratexias para erradicar as distintas dimensións da discriminación e desigualdades de xénero. Convídase a participar tanto ao tecido asociativo, como a todas aquelas persoas residentes en Oleiros, interesadas en aportar as súas propostas, ideas e reflexións para o futuro PIOMH.

Desde a Concellería de Servizos Sociais, Sanidade e Consumo preténdese que o PIOMH reflexe a realidade demográfica e socioeconómica do municipio, e para tal fin estase a levar a cabo un proceso participativo no que ten cabida todas as entidades do tecido asociativo local, os representantes dos grupos políticos da oposición, dos centros educativos e centros de saúde, así  como da Policía Local e da Garda Civil.

Por outro banda, o Concello ten habilitado o enderezo electrónico: plandeigualdade@oleiros.org para recoller suxestións e recomendacións de xente que non poidan participar na xornada de portas abertas. Unha vez finalizado o proceso participativo, o Concello redactará un documento no que incluirá as liñas estratéxicas de traballo en areas como educación, sensibilización, emprego e formación, participación social, conciliación da vida laboral e familiar, benestar e cohesión social e de violencia de xénero.
 

back link