Hemeroteca

Asset Publisher

Back O Concello organiza unha visita teatralizada pola pegada de Emilia Pardo Bazán en Santa Cruz

 Oleiros, 11 de maio de 2021-. Co fin de dar visibilidade á pegada de Emilia Pardo Bazán en Oleiros xorde esta actividade. Unha visita diferente na que se mestura a pintura, a narración, o teatro e a danza conectando dous puntos da localidade de Santa Cruz: o mural dedicado á escritora e o Castelo de Santa Cruz que foi residencia de verán da familia da escritora.

 
Esta actividade está programada para este sábado 15 de maio, ás 18:30 horas. As persoas interesadas en participar poden apuntarse chamando ao 981 626 692 ou no correo electrónico museos@oleiros.org.
 
O Concello de Oleiros pretende resaltar a importancia desta insigne muller con motivo do centenario do seu pasamento con diversas iniciativas ao longo dos vindeiros días. A figura de Emilia Pardo Bazán é esencial para a nosa cultura. Foi unha intelectual cunha traxectoria literaria e académica importantísima e un referente esencial para o feminismo do noso país.
back link