Hemeroteca

Asset Publisher

Back O Concello organiza unha viaxe cultural para Semana Santa 2014

Oleiros, 3 de marzo de 2014-. O Concello de Oleiros organiza unha viaxe cultural para as vacacións de Semana Santa. O prazo de inscrición para as persoas interesadas que están empadroadas no Concello comeza o luns 10 de marzo, mentres que  prazo de inscrición comezará o próximo luns 17 de marzo e nel poderanse inscribir, persoas empadroadas e non empadroadas, en caso de non cubrirse as prazas no primeira quenda.

Madrid, cidade referente no panorama internacional pola súa importante oferta cultural, e Ávila, cidade declarada patrimonio da humanidade en 1985, son as cidades elixidas para a novena edición desta viaxe cultural que se levará a cabo do 17 ao 20 de abril. El Escorial, Tordesillas e Segovia serán outros dos lugares que visitaremos.

As persoas participantes aloxaranse en Madrid nun hotel de 3 estrelas en habitacións dobres. O prezo inclúe transporte en autocar, visita guiada en Madrid con entrada ao Museo Nacional Centro de Arte Reina Sofía; visita guiada en Ávila, con entrada á Muralla e á Catedral, os almorzos dos días 18, 19 e 20, o xantar dos días 17 e 20 e o seguro de viaxe. As prazas son limitadas. Todas aquelas persoas interesadas maiores de 18 anos poderán informarse e inscribirse no telefono do Concello,a través do departamento de Cultura ou no enderezo electrónico: cultura@oleiros.org.
 

back link