Hemeroteca

Asset Publisher

Back O Concello organiza unha saída ao Salón Teatro de Santiago convidados polo Centro Dramático Galego para asistir á función “Os actos e as profecías”

Dende o Centro Dramático Galego convidan ao Concello de Oleiros a participar no Programa de Mobilidade Sobes ao autobús do teatro? para asistir o vindeiro 19 de abril á función 'Os actos e as profecías' no Salón Teatro (Santiago de Compostela).

O autobús será gratuíto e sairá de Santa Cristina ás 16.00h con volta prevista a última hora da tarde. A actividade está dirixida a público adulto, con prazas limitadas e preferencia para persoas empadroadas.

"Os actos e as profecías", unha produción do Centro Dramático Galego baixo a dirección de Tamara Canosa; inventa un universo arredor dos talent shows como espazo de xogo para lanzar ao aire elementos como o lugar do público na creación hoxe en día, a fama, a competición e as decisións vitais marcadas pola procura do éxito.

O prazo de inscrición abre o mércores 20 de marzo ás 10.00 horas a través da sede electrónica (catálogo de trámites/ámbito cultura/inscrición en actividades culturais) ou presencialmente na Fábrica de luns a venres de 10.00 a 14.00 horas.

Enlace inscricións: INSCRICIÓN ACTIVIDADES CULTURAIS

Máis información no Departamento de Cultura: tel. 981610000- ext 4915 e 4916 ou a través do enderezo electrónico r.caparros@oleiros.org

 

back link