Hemeroteca

Asset Publisher

Back O Concello organiza unha ruta de sendeirismo polos cantís de Loiba

 Oleiros, 19 de maio de 2021-. O vindeiro sábado 29 de maio retómase o programa Andares por Galicia, A cultura da Natureza coa ruta dos cantís de Loiba, en Ortigueira. Este programa está destinado a promover a convivencia e a socialización do grupo de participantes nun ambiente aberto e favorecer hábitos saudables de ocio no medio natural.

 
A  camiñada a pé partirá do porto de Ladrido e rematará na praia de Esteiro, no Barqueiro. A distancia a percorrer é de 20 km e está cualificada como de dificultade media-baixa. 
 
O prazo de inscrición para esta excursión abre o vindeiro venres día 21 de maio ás 9:00 horas. Para apuntarse é preciso enviar un correo a r.caparros@oleiros.org indicando nome, apelidos e DNI. 
back link