Hemeroteca

Asset Publisher

Back O Concello organiza unha ruta de sendeirismo de Malpica a Punta Nariga

O programa Andares por Galicia, A cultura da Natureza continúa con novas excursións. A próxima saída está programada para o sábado día 17 de xuño e inclúe unha ruta de sendeirismo de Santo Hadrián de Malpica a Punta Nariga, e a visita cultural aos murais de Urbano Lugrís.

A ruta a pé sairá de Santo Hadrián e rematará en Niñóns, pasando por Rasa cuaternarias de Santo Hadrián, praia de Beo e A Seiruga, porto e praia de Barizo, faro de Punta Nariga... A distancia a percorrer é de 18 km e está cualificada como de dificultade media.

A actividade ten un custo de 22 euros e está dirixida a persoas maiores de idade, tendo preferencia as persoas empadroadas en Oleiros. As preinscricións realizaranse preferentemente na Sede electrónica a partir do martes 30 de maio ás 10.00 horas. No caso de que algunha persoa non lle sexa posible realizala así, poderá facelo na Fábrica en horario de mañá de 10.00 a 14.00 horas.

Para obter máis información é posible dirixirse ao Departamento de Cultura do Concello de Oleiros, situado na Fábrica, ben fisicamente ou a través do teléfono 981 636 598 ou do correo electrónico r.caparros@oleiros.org.

back link