Hemeroteca

Asset Publisher

Back O Concello organiza unha programación especial de Nadal nas bibliotecas

Oleiros, 4 de decembro de 2013.- O Concello de Oleiros organiza ao longo deste mes de decembro unha programación especial de Nadal para a Rede Municipal de Bibliotecas. Este programa, enfocado ao público infantil, inclúe actividades de contacontos e exposicións.

Biblioteca municipal María José Ruso, en Dorneda


O próximo día 9, ás 18:30 horas, Soledad Felloza realizará un contacontos, para nenas e nenos menores de 4 anos, titulado O globo amarelo. Así mesmo, inaugurase a mostra bibliográfica 23 Álbums ilustrados para ti. Unha exposición dos mellores álbums ilustrados da editorial Juventud. O día 16, ás 18:30 horas, Soledad Felloza realizará un contacontos, para nenas e nenos maiores de 4 anos, titulado A señora dos libros.


Biblioteca municipal Manuel María, en Oleiros

O próximo día 10, ás 18:30 horas, Carmen Domech co espectáculo Contacontos de libros contentos, dirixido a nenas e nenos menores de 10 anos. O día 17, ás 18:30 horas, Carmen Domech co espectáculo Un bo rato con algúns ratos, dirixido a nenas/os menores de 10 anos.


Biblioteca Central Rialeda, en Perillo

Día 12, ás 18:30 horas, Raquel Queizás realizará un contacontos, para nenas e nenos a partir de 1 ano, titulado Nanocontos. O día 19, ás 18:30 horas, Soledad Felloza realizará un contacontos, para nenas e nenos a partir de 4 anos, titulado Axóuxeres de Nadal.


Biblioteca municipal Rosalía de Castro, en Santa Cruz

Día 18, Contos de Nadal  coa actriz Soledad Felloza. Ás 18.00 horas para nenas/os menores de 3 anos, ás 18:30 horas para nenas e nenos de máis de 3 anos.
 

back link