Oleiros, 10 de marzo de 2017-. O Concello de Oleiros organiza para o sábado 1 de abril unha ruta de interpretación ambiental e cultural polo Camiño de Santiago, no tramo que vai desde Sarria ata Portomarín. O prazo de inscrición ábrese o vindeiro luns 13 de marzo e ofértanse un total de 40 prazas, tendo preferencia as persoas empadroadas no Concello de Oleiros.
A ruta comprende saída de Sarria, ponte da Áspera, igrexa románica de Santiago de Barbadelo, Ribeira Sacra Lucense, encoro de Belesar, Portomarín e a igrexa de San Nicolao ou San Xoán. A distancia total é de 22,4 quilómetros e está cualificada como de dificultade media-alta.
A excursión está pensada para un público familiar, preferentemente maiores de idade. Valorarase a posibilidade de participación de menores de idade, sempre e cando asistan acompañados dunha persoa adulta. O prezo é de 18 euros para empadroados e de 23 euros non empadroados.
Para apuntarse e obter máis información é preciso dirixirse ao Departamento de Cultura do Concello de Oleiros, situado no centro cultural A Fábrica, ben fisicamente ou a través do teléfono -981 636 598- ou do correo electrónico -
cultura@oleiros.org-.