Hemeroteca

Asset Publisher

Back O Concello organiza unha excursión de fin de semana ao Courel

Oleiros, 28 de setembro de 2018-. O Concello de Oleiros organiza os días 20 e 21 de outubro unha excursión de fin de semana no Courel. As persoas participantes, ademais de realizar unha camiñada cada día, visitarán o Museo Xeolóxico Municipal de Quiroga.

A ruta do sábado transcorrerá polo monte Cido e Parada, a distancia é de 9 km e está cualificada de dificultade media. O domingo realizarase a ruta da Devesa da Rogueira, de 12 km, considerada de dificultade media-alta.

Ofértanse 40 prazas, tendo preferencia as persoas empadroadas no Concello de Oleiros. O prezo é de 99 euros.

Para apuntarse e obter máis información é preciso dirixirse ao Departamento de Cultura do Concello de Oleiros, situado no centro cultural A Fábrica, ben fisicamente ou a través do teléfono 981 610 000 ou do correo electrónico
cultura@oleiros.org.

back link