Hemeroteca

Asset Publisher

Back O Concello organiza unha excursión ao Parque Arqueolóxico da Arte Rupestre de Campo Lameiro

Oleiros, 27 de maio de 2016-. O vindeiro sábado 18 de xuño o Concello de Oleiros organiza unha visita ao Parque Arqueolóxico da Arte Rupestre de Campo Lameiro, onde as persoas participantes gozarán dunha visita guiada ao mellor espazo arqueolóxico de Galicia para achegarse ao mundo dos petróglifos. A excursión continuará pola tarde cunha xornada de paseo polas rúas e prazas da cidade de Pontevedra, na que se inclúe ademais unha visita guiada ao Museo de Pontevedra.

O Parque Arqueolóxico da Arte Rupestre conta con dous petróglifos únicos, o cervo de Laxe dos Carballos e as combinacións circulares de Cogoludos.  Ademais tamén permite ollar a recreación dun poboado da Idade de Bronce e unha exhibición de lume tal e coma se facía na Prehistoria.

A actividade está dirixida a público familiar, preferentemente maiores de idade, pero valorarase a posibilidade de participación de menores, sempre e cando asistan acompañados/as dunha persoa adulta. O prazo de inscrición ábrese o vindeiro luns 30 de maio e ofértanse un total de 30 prazas, tendo preferencia as persoas empadroadas no Concello de Oleiros.

Máis información: 981 610 000 (extensións 4915-4916), cultura@oleiros.org, r.caparros@oleiros.org ou centro cultural A Fábrica (Rúa do Inglés, nº 13. Perillo).
 

back link