Oleiros, 1 de febreiro de 2020-. O programa Andares por Galicia, A cultura da Natureza regresa o mes de febreiro con novas excursións. A primeira das saídas está programada para o domingo día 16 e inclúe unha ruta de sendeirismo pola mañá e unha visita cultural ao Entroido Ribeirao pola tarde.
A ruta a pé parte de San Estevo Ribas de Miño, no Saviñao, e finaliza en Belesar, no municipio de Chantada. A distancia a percorrer é de 10 km e está cualificada como de dificultade media-baixa. Despois da camiñada, ademais do Entroido, vaise visitar a Igrexa Románica de Santa María de Nogueira.
O prazo de inscrición para esta excursión abre o luns 3 de febreiro. Para apuntarse ou obter máis información é preciso dirixirse ao Departamento de Cultura do Concello de Oleiros, situado no centro cultural A Fábrica, ben fisicamente ou a través do teléfono 981 636 598 ou do correo electrónico cultura@oleiros.org.