Hemeroteca

Asset Publisher

Back O Concello organiza unha charla sobre o xacemento arqueolóxico A torre dos mouros

Oleiros, 6 de maio de 2014-. O Concello de Oleiros organiza para o próximo venres 9 de maio, ás 18.30 horas unha charla de divulgación científica para público maior de 10 anos. Esta actividade, que forma parte do programa Ler para Saber, terá lugar na Biblioteca Central Rialeda de Perillo. O simposio, titulado A torre dos mouros nos tempos dos viquingos, será impartido polo arqueólogo e director da equipa de investigación do Castro das Travesas, Antón Fernández Malde.

A Torre dos mouros é un xacemento único dentro da arqueoloxía galega, unha gran fortificación situada fronte ao Monte Pindo e mirando ao Cabo Fisterra, na parroquia de Lira, no termo municipal de Carnota. Un recinto arqueolóxico de grandes dimensións situado a máis de 300 metros de altura desde o que se ve a Costa da Morte e a Serra do Barbanza. As hipóteses da intervención apuntan a unha cronoloxía tardo antiga ou da alta Idade Media, o cal a convertería nunha das primeiras fortificacións do seu tipo investigada cientificamente en Galicia.
 

back link