Hemeroteca

Asset Publisher

Back O Concello organiza unha charla de divulgación científica que achegará os microbios e o seu con

Oleiros, 13 de febreiro de 2014-. O Concello de Oleiros organiza  mañá ás 18.30 horas unha charla sobre divulgación científica. Esta actividade esta  incluída no programa Ler para saber e terá lugar na Bibliotea central Rialeda, en Perillo. Baixo o titulo Os Microbios e ti, a doutora en bioloxía e profesora de microbioloxía da Universidade da Coruña, Ángeles Cid Blanco, afundirá no mundo dos microbios.

A profesora Ángeles Cid Blanco participou en diversos proxectos de investigación, tanto autonómicos como nacionais, centrados fundamentalmente no estudo de diferentes aspectos relacionados coas microalgas. Tamén colaborou desde 1998 co grupo de investigación do Dr. Antonio Bode do Instituto Español de Oceanografía.  A súa liña de investigación principal céntrase no estudo da fisioloxía das microalgas sometidas a situacións de estres provocadas pola presenza de contaminantes químicos na auga, fundamentalmente metais e pesticidas.
 

back link