Hemeroteca

Asset Publisher

Back O Concello organiza un obradoiro para mulleres sobre educación afectivo sexual

 Oleiros, 9 de setembro de 2020-. O obradoiro Un pracer coñecerme é unha nova actividade municipal dirixida a mulleres que ten como principais obxectivos previr, sensibilizar, asesorar e difundir cuestións relacionadas coa educación afectivo sexual. Trátase de posibilitar un espazo de reflexión onde as relacións estean baseadas na igualdade, o respecto e a responsabilidade; identificar os roles e mandatos asociados á sexualidade e a súa interiorización; desenvolver actitudes de bo trato nas interaccións eróticas; ampliar o mapa erótico corporal,...

 
As persoas interesadas en participar no obradoiro Un pracer coñecerme poderán inscribirse na Sede Electrónica. O prazo irá desde este venres 11 de setembro ata o día 16 de setembro.
 
Esta actividade desenvolverase, no salón de actos do Centro Municipal de Formación Isaac Díaz Pardo durante todos os xoves, desde o 24 de setembro ata o 10 de decembro. As sesións irán de 19:00 a 21:00 horas. O número de participantes dependerá das directrices vixentes a nivel sanitario no momento do inicio do obradoiro.
back link