Hemeroteca

Asset Publisher

Back O Concello organiza un obradoiro de xaboeiras nas Torres de Santa Cruz

O museo Os Oleiros organiza unha nova actividade de olería: obradoiro de xaboeira os días 21 e 28 de novembro e 12 de decembro.

As persoas participantes crearán, ao longo de dúas xornadas, unha xaboeira, a decorarán e a esmaltarán coa axuda da ceramista Susana Anta. Na terceira sesión, entregaranse as pezas cocidas e farase un xabón artesán coa dirección da especialista na materia Claudia Moar.

A actividade terá lugar na Escola Municipal de Olería, ao fondo do xardín do centro cultural As Torres de Santa Cruz, os días 21 e 28 de novembro e 12 de decembro e desenvolverase en dúas quendas:
-  1ª quenda: de 16.00 a 17.00 h
-  2ª quenda: de 17.30 a 18.30 h 

A actividade está destinada a persoas maiores de 12 anos empadroadas no Concello de Oleiros.

INSCRICIÓNS:
1ª quenda: https://www.oleiros.org/web/forms/shared/-/form/2854040
2ª quenda: https://www.oleiros.org/web/forms/shared/-/form/2854056

back link