Oleiros, 26 de outubro de 2021-. Está aberto o prazo de inscrición para o Curso de Formación Básica en Voluntariado, no que pode participar calquera veciña ou veciño que o desexe. Desenvolverase os días 5 e 6 de novembro na Casa da Cultura de Perillo.
O curso consiste no desenvolvemento dos contidos fundamentais do voluntariado, explicado por profesionais cun amplo percorrido no sector e cunha experiencia constatada. Desenvolverase dunha forma dinámica e participativa e solicitarase a homologación por parte da Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado.
A inscrición é gratuíta. As persoas interesadas en participar deben dirixirse á Concellería de Servizos Sociais e Igualdade ou ao teléfono 981 610 000.