Oleiros, 24 de abril de 2019-. O Concello de Oleiros, para conmemorar o Día Internacional da Danza, organiza o vindeiro domingo 28 de abril un festival na pista cuberta da II República, en Perillo, a partir das 11:45 horas. Haberá pasarrúas, actuacións, foliada e unha Jam Sessión aberta á participación de todas as persoas asistentes.
A xornada do domingo vai contar coa participación da Escola Municipal de Danza, da Agrupación Cultural O Amanexo, da Agrupación Folclórica Folliñas, do grupo Santaia de Santa Cruz e da Asociación Artística e Cultural Semente Nova.