Oleiros, 13 de setembro de 2018-. Un ano máis o Concello de Oleiros organiza o curso de preparación para a obtención do título de persoa graduada en Educación Secundaria Obrigatoria.
O período de preinscrición comeza o próximo luns 17 de setembro e remata o mércores 26. A preinscrición ten que ser entregada no Centro Municipal de Formación Isaac Díaz Pardo, en Os Regos. O límite do curso é de 20 prazas e será realizado, previsiblemente, entre o 8 de outubro e o 27 de maio, de luns a mércores de 10 a 12 horas no propio centro de formación. O alumnado que resulte admitido deberá asistir a unha reunión previa ao comezo do curso o mércores 3 de outubro ás 10 horas.