Oleiros, 29 de abril de 2014-. O Concello organiza para mañá a partir das 19.00 horas unha xornada de portas abertas para coñecer o novo local de ensaio habilitado no complexo cultural da Fábrica e deseñado para albergar a actividade de grupos de música oleirenses. O obxectivo é que as formacións coñezan este novo equipamento e as persoas encargadas de xestionar o seu uso. Así mesmo poidan avaliar o material que se porá á súa disposición e que poidan detectar posibles carencias ou necesidades da sala de ensaio. A entrada en funcionamento deste local será efectiva ao cen por cen a partir do próximo mes de xuño, ata entón funcionará a modo de proba co obxectivo de calibrar o seu uso ata a posta en marcha definitiva.