Oleiros, 19 de febreiro de 2021-. No mes de marzo comezarán os obradoiros de pintura infantil, xuvenil e para maiores de idade. As clases impartiranse na escola municipal do Castaño, en Perillo.
Para os obradoiros de adultos haberá tres grupos: luns de 10:00 a 12:00 horas, martes de 10:00 a 12:00 e martes de 19:00 a 21:00. Os obradoiros infantil e xuvenil, para nenos e nenas nacidos/as entre 2005 e 2014, serán os venres de 17:00 a 18:30 e de 18:30 a 20:00 horas.
As prazas son limitadas e a inscrición abre o luns 22 de febreiro ás 9:30 horas, con preferencia para persoas empadroadas. Para apuntarse é preciso enviar un correo ao enderezo electrónico r.caparros@oleiros.org. No correo haberá que indicar o grupo ou grupo de interese e a orde de preferencia. As solicitudes que cheguen antes dese horario serán descartadas.